Nace en Galiza un novo festival adicado ao heavy metal. O Ghallaecia Metal Fest.
Os seus organizadores son a galega Patty Castro, de Galiza Metálica e Mulleres Galegas
Kañeras, e o portugúes Filipe Marta, de S.O.S Heavy-Metal Radio Show de Braga. Amb@s
colaboran entre el@s para fomentar que a un lado e outro do Miño se escoite e se comparta o heavy metal feito en galego e en portugués.
A súa primeira edición contará con sete bandas. Catro galegas e tres portuguesas:
The Mighty Mister Shame (sludge/ rock/ metal – Braga)
Elefantes Mutilados (thrashoverflow – Caldelas de Miño)
Capela Mortuária (thrash metal – Braga)
Barbarian Prophecies (death metal – Lugo)
Pé Roto (sludge/doom metal – Braga)
Strikeback (thrash metal – A Coruña)
Mileth (folk/pagan metal – Vigo) como cabeza de cartaz.
O festival terá lugar o 26 de novembro na Sala Rebullón, mecenas do festival, en Tameiga, Mos a partir das 18.30h.